XXVI Miteu, Mostra Internacional de Teatro Universitario: 'Estupidez artificial'
Data de celebración:
17 de abril de 2024 ás 18:30Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Ningures ProduciónLugar
Praza Miralles s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
TeatroEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria
A programación da XXVI Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu 2024, arranca coa representación da obra Estupidez artificial, dirixida por Omar Ferrín e Salvador del Río, na que se contan tres historias que teñen como nexo común a Intelixencia Artificial, unha ferramenta chamada a revolucionar a maneira que os seres humanos teñen ou terán que relacionarse. A busca da compañía para escapar da soidade, a procura de inspiración dun artista frustrado ou a indagación arredor da fórmula que permita dominar o mundo constitúen as máximas dos protagonistas da montaxe. Cun elenco de seis actores, a música correrá a cargo de Xaime Reboiras e o vestiario de Sonia Rúa.
Máis información
Programación completa da Miteu 2024
Noticia no Duvi sobre a Miteu 2024