Desde os centros dos tres campus

Acceso aos contidos de EL PAÍS

UVigo - Comunicación 14/11/2022

No marco dun convenio entre a Universidade de Vigo e Ediciones EL PAÍS os membros da comunidade universitaria poderán acceder de xeito ilimitado e de balde aos seguintes contidos desde os centros da Universidade de Vigo:

  • PDF da edición impresa de El País
  • PDF de todas as revistas e suplementos de El País: El País Semanal, ICON, SModa, Retina, El Viajero, Buenavida
  • PDF da edición impresa de CincoDías

O obxectivo principal do proxecto é facilitarlle o acceso ao estudantado universitario aos contidos que actualmente son de pago, co fin de apoiar a lectura de medios profesionales a este perfil.

Poderase acceder aos contidos dixitais de EL PAÍS en aberto mentres se permaneza nas instalacións da UVigo escaneando os códigos QR da cartelaría impresa.

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal