EXPO-FEIRA CIENTÍFICA NA PRAZA DO BERBÉS

A ciencia que vén ten nome de muller

21 de abril, a partir das 16.00 h

UVigo - Comunicación 13/04/2023

A Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) organiza a expo-feira científica “A ciencia que vén ten nome de muller”, a partir das 16.00 h, na praza do Berbés.

Trátase dunha acción que forma parte do plan anual de actividades da UCC+i  “Ciencia de ida e volta” e que conta coa financiamento da Deputación de Pontevedra e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a colaboración do Concello de Vigo.

A rolda de prensa de presentación da expo-feira terá lugar o xoves 13 de abril, ás 11.30 h.

programa

Novas relacionadas:

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal