NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA
Concerto de Nadal 2023
13 de decembro, ás 20.30 h
A Universidade de Vigo convida a comunidade universitaria a asistir ao seu tradicional Concerto de Nadal.
O concerto terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa de Alexandre Bóveda, s/n) o mércores 13 de decembro, ás 20:30 h e estará protoganizado pola Orquesta Clásica de Vigo co solista Severino Manuel Ortiz Rey e o director Manuel Martínez Álvarez-Nava.
Convites
Cada membro da comunidade universitaria terá dereito a dous convites, que cumprirá imprimir ou descargar no móbil a través do Campus Activo para acceder ao recinto. O código QR de cada invitación é único e permitirá un só acceso.
O prazo permanecerá aberto ata que se esgoten as invitacións ou ata as 14.00 h do día 11 de decembro.
Servizo de autobús
A Universidade de Vigo ofrecerá un servizo de autobús desde Ourense e Vigo para asistir ao concerto.
- Vigo (rúa do Areal 50)
Saída: ás 19.30 h
Regreso: ás 22.30 h - Ourense (Edificio Politécnico)
Saída: ás 18.30 h
Regreso: ás 22.30 h
Se precisas o servizo de autobús, preme na seguinte ligazón:
Novas relacionadas
Máis información:
Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 8136 26
extension@uvigo.gal