NOITE EUROPEA DAS PERSOAS INVESTIGADORAS

G-Night 2022

30 de setembro

UVigo - Comunicación 28/09/2022

Baixo  o lema Conciencias Creativas, celebraremos en toda Galicia a Noite europea das persoas investigadoras. A G-Night encherá o venres 30 de setembro as cidades de Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo de actividades de divulgación en lugares afastados dos laboratorios, como rúas, museos, praias e bares, nun ambiente festivo, e co obxectivo de dar a coñecer o valor do traballo que desenvolven as e os científicos, así como a importancia desta actividade na sociedade.

O evento está coordinado pola UVigo, que lidera un consorcio formado por unha decena de socios, entre os que se atopan as universidades de Santiago de Compostela e da Coruña e organismos de investigación galegos. A G-Night 2022 despregará na súa segunda edición máis de 70 actividades de divulgación, lecer e entretemento científico, nunha trintena de localizacións espalladas polas sete principais cidades galegas.

No caso de Galicia desenvólvese cos recursos propios das 10 entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia, Muncyt, Museo Nacional de Ciencia y Tecnología e os Museos científicos coruñeses.
 

Web da G-Night


Noticias relacionadas

 

 

Máis información:

Unidade de Cultura Científica e da Innovación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 263
ucc@uvigo.gal