Sorteo de entradas para o festival Portamérica

UVigo - Comunicación 30/05/2022

No marco da súa colaboración institucional con Esmerarte Industrias Creativas, SLU, a Universidade de Vigo sortea seis entradas individuais para o festival musical e gastronómico Portamérica.

O evento terá lugar os días 2, 3 e 4 de xuño de 2022 en Portas, Caldas de Reis.
 

Resultado do sorteo

Velaquí o nome dos gañadoras e gañadoras:

  1. M.ª Mercedes Riádigos García
  2. Gonzalo Castro Quián 
  3. Guillermo Rey 
  4. Sara Gamboa Jurado-Centurión
  5. Martín Hermida Carballeira
  6. Uxía Rial Brea

Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que participaron!

 

  • Cubre o formulario que atoparás máis abaixo ou nas redes sociais da Universidade de Vigo (Facebook, Twitter, LinkedIn ou Instagram)
  • Poderás participar o luns 30 de maio ata as 23.59 h.
  • O martes 31 de maio a Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais publicará na web e nas redes sociais o nome dos beneficiarios e beneficiarias das entradas que o consentiron.
  • Co fin facilitar a xestión das entradas, comunicaráselle a Esmerarte Industrias Creativas, SLU os datos das persoas gañadoras.
  • Se es unha das persoas afortunadas recibirás a túa entrada no enderezo electrónico rexistrado.

Formulario de participación

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. Só se cederán a Esmerarte Industras Creativas, SLU os datos das persoas gañadoras co fin facilitar a xestión das entradas e se publicarán os datos das persoas gañadoras que consentiron a publicación dos seus nomes nas redes sociais.

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo das entradas para o festival Portamérica e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.

A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). 

Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal