NA SALA 1 DO EDIFICIO MIRALLES

Xornada de acollida de estudantes de doutoramento

12 de abril, de 10.00 a 13.30 h

UVigo - Comunicación 11/04/2023

A Universidade de Vigo organiza unha xornada de acollida a estudantes de doutoramento o mércores 12 de abril de 2023, de 10.00 a 13.30 h, na sala 1 do edificio Miralles.

Durante a xornada, o estudantado terá a oportunidade de coñecer a carreira profesional investigadora, a Escola Internacional de Doutoramento (Eido) e as etapas académicas nos estudos de doutoramento, entre outros temas.

Para asistir ao evento, o estudantado dos campus de Ourense e de Pontevedra contará cun servizo de autobús.

  • Pontevedra (fronte á Facultade de Comunicación)
    Saída: ás 9.00 h
    Regreso: ás 16.00 h
  • Ourense (fronte ao Edificio de Ferro)
    Saída: ás 8.30 h
    Regreso: ás 16.00 h

 

PROGRAMA

 

Escola Internacional de Doutoramento (Eido)
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 442
eido@uvigo.gal