Día da Síndrome de Down 2022

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 18/03/2022

No ano 2011, a Asemblea Xeral da ONU designou o día 21 do mes de marzo como o Día Internacional da Síndrome de Down. A finalidade desta conmemoracón é concienciar a sociedade sobre esta cuestión e lembrarlle a autonomía e o valor destas persoas. Esta situación faise eco do obxectivo 10 da Axenda 2030 sobre a «redución das desigualdades» que procura garantir que todos e todas teñamos as mesmas oportunidades e que «ninguén quede atrás». 

A síndrome de Down é unha condición que se dá cando existe unha alteración xenética nos cromosomas, xa que estas persoas posúen un número maior destes. Crese que esta situación se pode dar por un proceso de división defectuoso chamado trisomía e, para simbolizalo, esta data celébrase o día 21 do terceiro mes do ano. 

Este ano, o lema compartido por todas as entidades Down de España é #GrazasPorTanto; o seu obxectivo é agradecerlle á sociedade a súa implicación desinteresada na inclusión das persoas con síndrome de Down e con outras discapacidades intelectuais

Na Universidade de Vigo unímonos á esta celebración e á campaña de sensibilización organizada por esta federación que ten entre os seus obxectivos darlles visibilidade ás persoas con síndrome de Down, favorecer a inclusión educativa e social e sensibilizar a poboación sobre as numerosas capacidades que posúen estas persoas.

Convidámosvos a coñecer os seguintes recursos e vídeos:

 

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36300 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal

Federación Down Galicia
Rúa de Alejandro Novo González, 1
15706 Santiago de Compostela
+34 981 581 197
downgalicia@downgalicia.org