Escola de sustentabilidade e cidadanía local. Mulleres bravas defensoras da terra

UVigo – Responsabilidade social axenda 2030 14/02/2022

A Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, coa colaboración de Amigos da Terra e Enxeñería sen Fronteiras, organizan o curso "Escola de sustentabilidade e cidadanía local. Mulleres bravas defensoras da terra".

O curso estrutúrase a modo de itinerario formativo con seis sesións, presenciais e en liña, nas que se tratarán as problemáticas globais relacionadas coa sobreexplotación dos recursos naturais en todo o mundo (extracción de materias primas, produción de enerxía e explotación da terra, etc.) e que afectan especialmente os países máis empobrecidos.

O persoal docente e investigadores da Universidade de Vigo, Águeda Gómez e Xavier Simón, xunto a Patricia Iglesias e Sergio Fernández, técnicos de Amigos da Terra e Enxeñería sen Fronteiras, respectivamente, serán os encargados de impartir o curso, no que tamén participarán integrantes de Agareso, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, e no que activistas galegas e hondureñas terán un especial protagonismo.

A formación é de balde e gratuíta e diríxese de forma prioritaria ao alumnado, aínda que caso de quedar prazas libres, estas poderán ser ocupadas por calquera membro da comunidade universitaria.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 22 de febreiro.

 

Máis información:

Área de Responsabilidade Social e Cooperación
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 587
direc.rsco@uvigo.gal