Comisión electoral

A comisión electoral organiza e supervisa os actos electorais para garantir a transparencia de todo o proceso. Analiza e resolve calquera incidencia durante unha elección, ademais de realizar o reconto dos votos e proclamar os resultados finais. 

Regúlase no artigo 8 do Regulamento electoral xeral da Universidade de Vigo. 

Ten por función resolver as reclamacións presentadas contra as decisións adoptadas polas xuntas electorais dos centros e dos departamentos, así como regular as eleccións do reitor ou reitora e dos membros do Claustro, aprobando o calendario, os censos e o procedemento das eleccións. Ademais, será o órgano competente para coñecer e resolver todos os problemas e dúbidas que se poidan presentar nestas e demais eleccións consideradas nos Estatutos da Universidade de Vigo.

Composición

  • O secretaria/o xeral, que a preside, quen poderá delegar nun dos vicerreitores/as.
  • A persoa que desenvolva as funcións da secretaría será elixida entre os membros da comisión electoral que teña a condición de funcionario/a da Universidade de Vigo
  • 12 membros elixidos polo Claustro, dos que tres corresponderán ao profesorado doutor con vinculación permanente á universidade, tres a outro persoal docente e investigador, tres ao estudantado e tres ao persoal técnico e xestión e de administración e servizos.

Membros

  • María José Bravo Bosch, secretaria xeral (presidencia)
  • PDI-A
    Miguel Cuevas Alonso
    Silvia García González
    Mónica Villanueva Villar
  • PDI-B
    M.ª Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes
    Manuel Casal Guisande
    Ángela Fontán Bouzas
  • Estudantado
    Estela Lima González
    Juan Santos Grandal
  • PTXAS
    Rodrigo Alberte Pivida
    Federico A. Fernández Fernández
    José Luis Pita Carballo (secretario)