O persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo que desexe ampliar a súa formación no estranxeiro pode optar ás axudas financeiras de mobilidade de PAS a institucións de ensino superior no marco do programa Erasmus-STT, co que se pretende fomentar a formación do persoal e a internacionalización da institución.
Pola súa banda, o Programa Stella ofrece oportunidades de mobilidade ao persoal de administración e servizos, ao fomentar estadías de traballo dunha semana de duración en universidades pertencentes ao Grupo Compostela de Universidades.