Un alumno de costas, diante dunha pantalla de ordenador

Estuda na UVigo

Por que a UVigo?

 

  • Porque é unha universidade nova e dinámica

    Cambiamos contigo! Novos graos, mestrados e programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias...
  • Universidade emprendedora e para o emprego

    A través da nosa incubadora de emprendemento, fomentamos a iniciativa entre o noso alumnado, poñendo en valor os seus coñecementos e ideas, converténdoas en empresas viables.
    Podes experimentar os teus primeiros contactos co mundo laboral mediante as nosas prácticas en empresas.
  • Universidade internacional

    Podes realizar intercambios de estudos en universidades dos cinco continentes, visítannos máis de 700 estudantes no marco dos nosos programas de mobilidade internacional.
    Podes cursar materias que se imparten enteiramente en inglés dentro dos plans de estudo das nosas titulacións.
  • Universidade para ti

    Disporás dun titor/titora que te orientará ao longo da túa carreira universitaria. Disporás tamén de acceso ao noso gabinete psicopedagóxico.
  • Cultura, deporte e compromiso social

    Porque non todo vai ser estudar, queremos proporcionarche toda unha variedade de posibilidades: instalacións deportivas, deporte e saúde, cursos de extensión universitaria, obradoiros culturais, actividades de voluntariado...
  • Universidade formadora

    Para que poidas adquirir os coñecementos complementarios á túa formación, solicita as nosas bolsas de formación no campus do mar, na área de imaxe, en sistemas informáticos, na oficina de medio ambiente, na oficina de relacións internacionais...
  • E moito máis...

    Podes estudar máis de 12 idiomas diferentes no noso Centro de Linguas.
    Hai máis de 180 grupos de investigación nos que te podes integrar.