Comisión de publicacións
A Comisión de publicacións regúlase nos artigos 5, 6 e 7 do Regulamento do Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo (CG do 22/1/2019).
Funcións
- Establecer os criterios de política editorial da universidade.
- Asesorar a dirección na elaboración da convocatoria anual de publicacións de monografías e manuais.
- Asesorar a dirección naqueles aspectos editoriais que considere oportuno.
- Aceptar ou rexeitar orixinais remitidos para a súa publicación, tras analizar os contidos, os informes que os acompañan e os que se soliciten, así como o orzamento do servizo.
- Establecer a prelación de publicación dos orixinais aceptados.
- Aprobar a creación ou supresión de coleccións, revistas e demais produtos editoriais.
- Actuar como comisión asesora da Reitoría en materias relacionadas coa actividade editorial.
- Propor cantas iniciativas de carácter editorial considere oportunas para a boa marcha do servizo.
Composición
- O director/a do servizo
- O xefe/a de negociado do servizo
- Tres persoas pertencentes ao PDI do ámbito humanístico-artístico / xurídico-social
- Tres persoas pertencentes ao PDI do ámbito tecnolóxico-científico
- Tres persoas pertencentes ao estudantado de mestrado ou doutoramento
Membros
Presidencia
- Helena Cortés Gabaudán, directora do Servizo de Publicacións
Secretaría
- Susana Viña Martínez, xefa de negociado do Servizo de Publicacións
PDI
- Benigno Fernández Salgado, ámbito humanístico-artístico/xurídico-social
- Marta García González, ámbito humanístico-artístico/xurídico-social
- Enrique José Varela Álvarez, ámbito humanístico-artístico/xurídico-social.
- Ana M. Bernabeu Tello, ámbito tecnolóxico-científico
- Ignacio Pérez Juste, ámbito tecnolóxico-científico
- Marta Pérez Rodríguez, ámbito tecnolóxico-científico
Estudantado
- Mar Nieves Fernández
- Iago Rodríguez Diéguez
- Pablo Vilas Santamaría