Alumna internacional na Universidade de Vigo

Estudantes entrantes

Na Universidade de Vigo ofrecémoslle diversas posibilidades ao estudantado internacional en función das súas preferencias: estudante de intercambio nacional ou internacional, estudante visitante ou estudante regular. 


Programas nacionais

SICUE

O Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios de España (SICUE) permite cursar un semestre ou un ano completo nunha universidade española, un período recoñecido de estudos en virtude dos convenios asinados. A convocatoria publícase no mes de febreiro de cada ano.

De seguido podes consultar a relación de prazas ofrecidas pola Universidade de Vigo no marco do programa SICUE, así como a oferta e as condicións para a realización de prácticas e de traballos fin de grao (TFG) :

 

Se queres máis información, podes contactar con:

sicue@uvigo.gal
+34 986 81 35 92

 


Programas internacionais

Estudantes de intercambio

Requerimentos

  • Se desexas vir estudar á UVigo nesta modalidade, o primeiro paso é asegurarte de que existe un acordo específico entre a túa universidade de orixe e a UVigo na titulación que queres cursar aquí.
  • Unha vez confirmada a existencia de convenio, deberá ser a túa universidade quen nos comunique a túa nominación, confirmando a túa situación de estudante Erasmus ou doutros programas de mobilidade internacional.

Procedemento

Unha vez recibida a túa nominación, a Oficina de Relacións Internacionais comprobará se é aceptada de acordo co convenio bilateral establecido. Ao cabo duns días a universidade de orixe, así como cada estudante (en CCO) recibirá un correo electrónico de confirmación da nominación e instrucións sobre cómo realizar a súa solicitude en liña no portal de mobilidade entrante. 

Portal de mobilidade entrante

Estudantado de grao

  • DNI ou pasaporte.
  • Escrito da Oficina de Relacións Internacionais na universidade de orixe confirmando a túa selección para realizar unha estadía de intercambio na UVigo.
  • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente.

Estudantado de mestrado ou de doutoramento

  • DNI ou pasaporte.
  • Escrito da Oficina de Relacións Internacionais na universidade de orixe confirmando a túa selección para realizar unha estadía de intercambio na UVigo.
  • Tarxeta sanitaria europea ou póliza de seguro de saúde equivalente.
  • Copia do título de grao ou do historial académico no que se demostre ter, cando menos 180 créditos ECTS superados.

Prazos

Deberás ter en conta a data límite para as solicitudes, xa que non se aceptarán as solicitudes presentadas fóra de prazo.

Estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: do 31 de marzo ao 31 de maio

Estadías do 2.º cuadrimestre: do 31 de agosto ao 31 de outubro

​​​​​​Tras a recepción da solicitude e logo da comprobación da documentación achegada, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo remitirá á persoa solicitante un correo electrónico de benvida coa súa carta de aceptación adxunta asinada electronicamente.

 

Xornadas de bienvenida e proba de nivel de español
Durante a primeira semana de setembro daremos a benvida ao novo curso e aos estudantes internacionais que comezan unha nova etapa con nós.

Consulta os detalles do evento no teu campus e lembra que tamén realizaremos o test de nivel de español.

 

Descarga a guía do estudante entrante

 

A oficina encargada da mobilidade internacional na universidade de orixe deberá encher o seguinte formulario en liña cos datos de cada estudante nominado.

  • As nominacións enviadas por correo electrónico ou correo postal non serán aceptadas.
  • Soamente aceptaremos as nominacións enviadas pola Oficina de Relacións Internacionais de orixe ou un membro do persoal da dita universidade.

Se tes algunha dúbida sobre o formulario de nominación, non dubides en contactar con nós en incoming.ori@uvigo.gal.

Estadías anuais ou do 1.º cuadrimestre: do 15 de marzo ata o 15 de maio

Estadías do 2.º cuadrimestre: desde agosto ata o 15 de outubro

Unha vez recibidas as nominacións, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) comprobará se son aceptadas de acordo co convenio bilateral establecido e enviará un correo electrónico aos estudantes nominados coas instrucións sobre como realizar a súa solicitude en liña.

consulta a nosa folla de datos

 

Na UVigo cada facultade ten o seu propio persoal coordinador académico, que é responsable dos asuntos académicos específicos.

Consulta ao coordinador/a da túa facultade (na que estudarás a maioría dos cursos) pola sinatura do contrato de estudos e todas aquelas cuestións académicas que teñas.

Contrato de estudos e outras cuestións académicas

O contrato de estudos é o documento académico que conten a equivalencia dos cursos ou créditos que completou no estranxeiro, que deben ser recoñecidos pola súa institución de orixe.

  • Asegúrate de que o contrato de estudos esté asinado por ti e a túa universidade antes de envialo por correo electrónico ao coordinador académico da túa facultade na UVigo.
  • Non envíes a versión orixinal do contrato de estudos (da túa universidade de orixe) por correo ou email á Oficina de Relacións Internacionais.

Atención: Soamente o persoal coordinador académico (das universidades de orixe e destino) está autorizado para asinar o contrato de estudos.

Para elaborar o teu contrato de estudos necesitarás consultar a nosa oferta académica e as guías docentes das materias. Tamén che pode interesar coñecer a nosa oferta de materias en inglés, así que podes acceder ao catálogo de materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo. Esta ferramenta permíteche filtrar por idioma, curso, cuadrimestre e facultade ou escola.

Ir ao catálogo
 

A universidade tamén conta cun programa de materias English Friendly, que se imparten nos graos oficiais da UVigo en castelán e/ou galego, pero nas que os seus profesores adquiren os seguintes compromisos:

  • Indicar o carácter English Friendly na guía docente da materia
  • Traducir a guía docente ao inglés
  • Facilitar materiais e referencias bibliografías para o seguimento da materia en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional
  • Atender as titorías en inglés, se así o demandase o/a estudante internacional
  • Deseñar e realizar probas e avaliacións en inglés, se así o  demandase o/a estudante internacional

Materias English Friendly
 

Tamén podes consultar a información que se atopa nas seguintes ligazóns: 


Ten en conta que deberás elixir a maioría de materias na facultade ou escola chamada «centro de referencia» na túa carta de aceptación. É importante que comprobes que as materias elixidas se imparten no período correspondente á túa estadía:

  • 1 C = 1.º cuadrimestre (de setembro a xaneiro)
  • 2 C = 2.º cuadrimestre (de febreiro a xuño)

Unha vez que  completes e envíes debidamente o formulario de solicitude en líña, recibirás un correo electrónico confirmando a recepción da túa solicitude.

Descrición do sistema de calificacións:

  • Matrícula de Honra (10)    
  • Sobresaínte (9-9.9)   
  • Notable (7-8.9)         
  • Aprobado (5-6.9)         
  • Suspenso (0-4.9)     
  • Non presentado      
     
ECTS % de estudantes que conseguen a nota con éxito Descrición
A 10 EXCELENTE - rendemento excepcional con pequenos erros
B 25 MOI BEN - por riba da media pero con algúns erros
C 30 BEN - en xeral, un bo traballo con varios erros notables
D 25 SATISFACTORIO - deficiencias xustas pero significativas
E 10 SUFICIENTE -  o rendemento cumpre os criterios mínimos
FX - SUSPENSO - é necesario un esforzo adicional antes de que se poida conceder o crédito
F - SUSPENSO – é necesario un traballo adicional considerable

 

 

Estudantes de prácticas

En que consisten?

Un período de prácticas Erasmus+ no estranxeiro permíteche realizar unha estadía de prácticas como parte do teu título.

Se queres facer prácticas nun dos departamentos ou laboratorios de UVigo, debes acordar previamente co teu titor (coordinador de prácticas) as datas exactas do teu período de prácticas.

Na UVigo cada facultade ten o seu propio coordinador/a Erasmus. Esta persoa pode axudarte a atopar unha persoa titora. 

Como solicitalas?

Unha vez alcanzado devandito acordo, deberás achegar os seguintes documentos, xunto co formulario en liña:

  • Copia do DNI/Pasaporte.
  • Contrato de estudos para prácticas (learning agreement for traineeships) debidamente cuberto e asinado polo estudante, a persoa titora académica na institución de orixe e a persoa responsable do departamento ou servizo da Universidade de Vigo no que se vaian a realizar as prácticas. Deben indicarse as datas exactas nas que se vai a realizar a estadía (dd/mm/aaaa - dd/mm/aaaa).
  • Proba de ter contratado un seguro válido en España con cobertura sanitaria, de accidentes e repatriación.

O formulario de solicitude pode enviarse en calquera momento. Non é necesario axustarse aos prazos indicados para estudos. 

Admisión

Tras a recepción da solicitude e logo da comprobación da documentación achegada, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo remitirá á persoa solicitante un correo electrónico de benvida coa súa carta de aceptación adxunta.

 

Estudantes visitantes

Se a túa universidade de orixe non ten un acordo de intercambio coa Universidade de Vigo e aínda queres estudar na UVigo por un período ou un ano académico enteiro, podes facelo solicitando estudar como estudante internacional visitante.

Este programa permíteche matricular en diferentes cursos sen obter un título, pero ao final da túa estadía recibirás unha certificación dos créditos obtidos. De volta á universidade de orixe, podes solicitar a validación dos cursos que tomaches.

Prezos públicos

O estudantado visitante deberá aboar:

  • Os prezos por servizos académicos correspondentes aos créditos dos que se matricule e serán os establecidos oficialmente cada curso acádemico pola Xunta de Galicia.
    Consulta os prezos públicos.
  • Os prezos establecidos en concepto de servizos administrativos.
  • Os prezos correspondentes á xestión administrativa (400€ no caso de estadías cuadrimestrais ou 800€ no caso de estadías de curso completo).

Nota: O estudantado deberá facer efectivo o pagamento dos prezos públicos nun só pagamento ao inicio do curso.

Documentos necesarios

O estudantado deberá presentar os seguintes documentos:

  • Formulario de solicitude: antes de encher o formulario precisamos contactes con incoming.ori@uvigo.gal
  • Carta de motivación en castelán ou galego
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte
  • Documento acreditativo do coñecemento de castelán ou galego
  • Certificación académica dos estudos universitarios que realiza ou realizou na universidade de orixe
  • Proba de posuír un seguro médico válido en España
  • Autorización da Universidade de Orixe

Datas límite de solicitude

Para estadías do curso académico completo (setembro-xullo) ou do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro) pode presentar a súa solicitude de admisión ata o 31 de maio do ano en curso. Para estadías durante o segundo cuadrimestre (febreiro-xullo) poderá presentarse ata o 15 de outubro do ano anterior.

A notificación da admisión correspóndelle á Oficina de Relacións Internacionais, tras a aceptación pola persoa responsable do centro no que desexe matricularse o estudante.

Matrícula

O estudantado visitante estranxeiro poderá matricularse nesta modalidade durante un máximo dun curso académico. Con carácter xeral, deberán matricularse dun mínimo de 10 e dun máximo de 60 créditos europeos ECTS.

Poderá autorizarse a matrícula en calquera materia das ofrecidas na Universidade de Vigo. Poderá limitarse ou excluírse o acceso a determinadas materias, polas súas especiais características ou pola necesidade de impartirse en grupos reducidos.

O estudantado deberá estar en posesión do nivel de estudos suficiente ao das materias que solicite cursar.

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo 
+34 986 811 947
incoming.ori@uvigo.gal

Instagram ​​​Linkedin ​​​​​