Bolsas asistenciais

Destinadas ao alumnado que se encontra en situación social ou económica de necesidade especial.

Axudas para estudantes con circunstancias económicas ou familiares especiais

Destinadas ao alumnado de grao ou máster oficial que se encontren nalgunha destas situacións:

  • Ter no ano 2017 ou 2018 unha situación sobrevida que afecte de forma grave á economía familiar.
  • Ter a condición de víctima de violencia de xénero o fillo ou filla e verse afectada pola modificación introducida no decreto de prezos públicos relativa á exención de prezos de matrícula.
  • Non tener dereito á bolsa do MECD ao non cumprir os requisitos académicos debido á existencia dalguna circunstancia excepcional (enfermidade, maternidade/paternidade, falecemento do pai ou da nai...).
  • Ser bolseiro ou bolseira do MECD e ter dificultades económicas para o pago das materias en segunda matrícula.

Máis información

Bolsa de integración 

A universidade ten un programa propio de bolsas dirixido á integración de persoas con necesidades educativas especiais co obxecto de fomentar e garantir o acceso e a permanencia deste alumnado na enseñanza. A través do Programa de atención personalizada para cada estudante subvencionanse os recursos necesarios para conseguir a plena integración do alumnado.

PROGRAMA PIUNE

 

Bolsa de estudante colaborador

Destinada a ofrecer ao alumnado con necesidades educativas especiais a colaboración dun compañeiro ou compañeira de titulación que lle presta apoio nas actividades académicas dentro do centro docente.

 

Concorrencia competitiva

Destinadas ao alumnado matriculado na titulación indicada na convocatoria. Prazo de solicitudes ata o 23 de outubro

Máis información

 

Concesión directa

Contacta connosco en bolsas@uvigo.es o chamando ao teléfono 986 813 611