Persoal de administración e servizos entrante

A UVigo ofrece a posibilidade de recibir persoal técnico de xestión e administración de servizos para a formación a través de programas de mobilidade internacional no marco do programa Erasmus+. 

Se che interesa visitar a UVigo cun programa Erasmus+ (STT), podes estar nun destes casos:  


1. Xa tes un contacto, tes preparado o acordo de mobilidade (mobility agreement) e está asinado por todas as partes

Podes cubrir o formulario de rexistro a través da nosa plataforma en liña.

Unha vez cuberto, envía o formulario antes da túa chegada á Universidade de Vigo xunto cos seguintes documentos: 

  • Copia do ID/pasaporte
  • Copia da tarxeta sanitaria europea / Copia do seguro Saúde e as súas coberturas
  • Acordo de mobilidade (mobility agreement) cuberto e asinado por todas as partes. O modelo deste acordo debe proporcionalo a universidade de orixe.
  • Carta de invitación asinada (para o programa Erasmus+ KA131)
  • Nominación asinada (para o programa Erasmus+ KA171)

Lembra encher o formulario cando teñas toda a documentación preparada para que poidas facelo dunha única vez.

En canto envíes toda a información a través da plataforma en liña, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) enviará a carta de aceptación á persoa interesada, ao titor/a da estadía e a persoa responsable internacional da mobilidade na UVigo. 

Ao finalizar a mobilidade, a persoa responsable da túa visita enviará á ORI o certificado de estadía para completar o teu expediente. Este documento poderá asinalo o titor/a (informando sempre a persoa responsable internacional do centro) ou a persoa responsable internacional.


2. Non tes un contacto na Universidade de Vigo para organizar a actividade planeada

Neste caso, de acordo co teu interese, deberás contactar co servizo xeral da UVigo ou co servizo da facultade ou da escola do teu interese contactando coa persoa responsable de relacións internacionais. De chegar a un acordo, unha vez asinado o acordo de mobilidade, cumprirá seguir as instrucións de solicitude do punto anterior. 
 

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo 
+34 986 811 947
incoming.ori@uvigo.gal

Instagram ​​​Linkedin ​​​​​