Persoal docente e investigador entrante
A UVigo ofrece a posibilidade de recibir persoal docente investigador (PDI) para a docencia a través de programas de mobilidade internacional no marco do programa Erasmus+.
Se che interesa visitar a Universidade de Vigo cun programa Erasmus+ para impartir docencia (STA) ou para formación (STT), podes estar nun destes casos:
1. Xa tes un contacto na UVigo, contas co acordo de mobilidade (mobility agreement) e está asinado por todas las partes
Podes cubrir o formulario de rexistro a través de nosa plataforma en liña.
Unha vez cuberto, envía o formulario antes da túa chegada á Universidade de Vigo xunto cos seguintes documentos:
- Copia do ID/pasaporte
- Copia da tarxeta sanitaria europea ou do seguro de saúde e das súas coberturas.
- Acordo de mobilidade (mobility agreement) asinado por todas as partes. O modelo deste acordo debe proporcionalo a universidade de orixe.
- Carta de invitación asinada (para o programa Erasmus+ KA131)
- Nominación asinada (para o programa Erasmus+ KA171)
Lembra encher o formulario cando teñas toda a documentación preparada para que poidas facelo dunha única vez.
Logo de subir toda a información a través da plataforma en liña, a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) enviará a carta de aceptación á persoa interesada, ao titor ou titora da estadía e ao responsable internacional da mobilidade na UVigo.
Ao finalizar a mobilidade, a persoa responsable da túa estadía encargarase de enviarlle á ORI o certificado de estadía para completar o expediente. Este documento poderá asinalo o titor (informando sempre o responsable internacional do centro) ou o responsable internacional.
2. Non tes un contacto na UVigo para organizar a actividade planeada
Neste caso, deberás contactar coa persoa responsable de relacións internacionais do centro que che poida interesar. De chegar a un acordo, unha vez asinado o acordo de mobilidade, cumprirá seguir as instrucións de solicitude do punto anterior.
Máis información:
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 811 947
incoming.ori@uvigo.gal