Persoal docente e investigador saínte

O persoal docente da Universidade de Vigo dispón dunha serie de programas que teñen como obxectivo fomentar a súa mobilidade, a través da súa participación en actividades de cooperación internacional ou de docencia no marco de proxectos organizados por universidades socias. 

 

Programa Erasmus+

O Programa Erasmus+ ofrece a oportunidade de exercer unha actividade docente (STA) ou de formación (STT) temporal nun centro educativo con países cos que se teñan asinados acordos en Europa ou con institucións de países extracomunitarios: Erasmus+ KA131 e Erasmus+ KA 171.

Esta oportunidade está ao alcance de todo o persoal docente que traballa na Universidade de Vigo. Estas experiencias e intercambios contribúen a mellorar as habilidades lingüísticas e o recoñecemento cultural do país de destino así como ofrecer unha nova perspectiva sobre prácticas e enfoques pedagóxicos. 

 

Máis información sobre o programa Erasmus+: 

  • Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)

                                   Gif da SEPIE

O Programa Erasmus+ KA 131 permite realizar a mobilidade nunha institución educativa superior en Europa ou institucións de países extracomunitarios cos que exista un acordo asinado.

A modalidade de estancia STA permite que o persoal docente da Universidade de Vigo se desplace a realizar a docencia no país seleccionado.

No caso da modalidade STT, o persoal da Universidade de Vigo podrá realizar actividades de formación en instituciones extranxeiras. Durante a visita, se poderá coñecer ós homólogos, outras modalidades de ensino e aprendizaxe, sistemas universitarios distintos, entrevistarse cos estudantes que a Universidade de Vigo envía ou cos futuros estudantes que se recibirán.

Esta mobilidade é posible realizala de maneira independente ou combinada (STA+STT).

CONSULTA AS CONVOCATORIAS

O Programa Erasmus+ KA 171 permite realizar a mobilidade nunha institución educativa superior en países extracomunitarios.

As prazas e oportunidades dispoñibles varían segundo cada convocatoria. 

consulta as convocatorias

Os Blended Intensive Programmes (BIPs) son programas intensivos de curta duración, que se enmarcan dentro do novo Programa Erasmus+ 2021/2027 e que empregan métodos innovadores de aprendizaxe e ensino, incluíndo o traballo colaborativo en liña.

Ó permitir formatos de mobilidade novos e máis flexibles que combinan a mobilidade física cun compoñente virtual, os programas intensivos combinados aspiran a chegar a todo tipo de participantes, de calquer orixe, campo de estudo e ciclo. 

Cada Erasmus+ BIP é organizado por un grupo de mínimo 3 universidades de 3 países diferentes. 

Neste caso, o persoal docente pode participar en estadías combinadas de docencia (STA) e/ou  formación (STT) e ademais ten a oportunidade de presentar unha proposta de coordinación dun BIP con outras universidades.

consulta as convocatorias

Outros programas

O Programa IACOBUS ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal - Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.

Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.

 

Semanas internacionais

De seguido ofrecémosche información sobre as semanas internacionais organizadas por institucións académicas europeas nas que podes participar. Tamén podes acceder ao buscador de semanas internacionais.

Evento Organización Datas Para Solicitude Contacto
International Week 2024
 
Haute École Charlemagne
Bélxica
18-22 de marzo de 2024 PDI e PAS Formulario
ata o 15/12/2023
e-mail
18th International Week
 
Universidade Europeia, IADE-UE, IPAM
Portugal
4-8 de marzo de 2024 PDI e PAS da ORI Solicitude por e-mail
ata decembro de 2023
e-mail
International Academic Week (IAW2024) EKA (Ekonomickas un Kultüras Augstskola) Riga 22-26 de abril de 2024 PDI e PAS Formulario e-mail
Savonia International Week  Savonia University of Applied Sciences 
Finlandia
19-22 de febreiro de 2024 PDI e PAS Formulario
ata o 26/1/2024
e-mail
Teaching Staff Mobility International Week University of Economics in Katowice
Polonia
6-11 de maio e 2024 PDI Solicitude por e-mail
ata o 15/1/2024
e-mail

​​​​

Máis información:

Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 818 727
outgoing.ori@uvigo.gal

Instagram ​​​Linkedin ​​​​​