Mobilidade do persoal investigador
Estadías de investigación
A Universidade de Vigo conta cun regulamento para acoller persoal nacional ou internacional procedente de calquera entidade de investigación pública ou privada que pretenda realizar unha estadía asociada a unha actividade investigadora na nosa institución.
O persoal investigador da Universidade de Vigo interesado en convidar un investigador/a visitante a facer unha estadía de investigación na UVigo, debe encher este formulario para recibir unha carta de aceptación.
Mobilidade
O persoal docente e investigador da Universidade de Vigo pode participar en distintos programas de mobilidade nacional e internacional.
A UVigo conta cun Regulamento de mobilidade internacional (R1-R4) e cunha Normativa de libre mobilidade (R1).
Axudas propias
Bolsas para viaxes e estadías en centros de investigación
A convocatoria de axudas propias á mobilidade de persoal investigador da Universidade de Vigo ten por obxecto financiar parcialmente os desprazamentos para presentar resultados de investigación e as estadías en centros de investigación, ou empresas no caso de programas coa mención de «Doutoramento Industrial» do persoal investigador que cumpra os requisitos sinalados, co obxectivo de contribuír ao intercambio de coñecemento e á mellora e internacionalización da súa actividade investigadora.
- Modalidade A: Bolsas para viaxes.
- Modalidade B: Bolsas para estadías en centros de investigación.
Axudas nacionais
Estadías de persoal docente e/ou investigador sénior en centros estranxeiros
Estas subvencións están dirixidas a propiciar a mobilidade do profesorado universitario e persoal investigador con experiencia e traxectora profesional acreditadas con fines de actualización permanente. Os centros para os que se solicite a estadía deberán estar situados no estranxeiro e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica da persoa candidata.
Estadías de mobilidade no estranxeiro José Castillejo para novos e novas doutoras
Estas subvencións teñen por obxecto financiar estadías que favorezan a incentiven a mobilidade de novos e novas doutoras que se teñan incorporado recentemente á carreira docente e investigadora e mantñen unha vinculación contractual como profesorado ou persoal investigador nos centros de adscrición. Os centros para os que se solicite a estadía deberán estar situados no estranxeiro e serán universidades e centros de investigación altamente competitivos na área científica da persoa candidata.
Axudas complementarias de mobilidade destinadas a persoas beneficiarias de FPU
As axudas para estadías breves e traslados temporais teñen por obxecto financiar mobilidades das persoas beneficiarias do programa FPU para reforzar a internacionalización da súa formación científica e capacidade técnica mediante a súa incorporación a un centro ou grupo de investigación relevante no ámbito internacional e vinculado ao campo científico, técnico ou artístico correspondente ao contido da teses de doutoramento para a que se concedeu a axuda FPU.
Outras axudas
Convocatoria Stella Junior de prácticas para estudantes de doutoramento
O programa de mobilidade e formación para estudantes do Grupo Compostela de Universidades, Stella Junior, ofrécelles a oportunidade de realizar mobilidades, entrar en contacto con outras culturas e aumentar as súas competencias lingüísticas e laborais.
Máis información:
Máis información:
Sección de Recursos Humanos
Servizo de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
+34 986 813 599 | 986 813 906
seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal