Comités de ética

Os comités de ética da UVigo establecen mecanismos e procedementos para garantir que a investigación científica, a experimentación e a transferencia de coñecemento aplican os principios éticos e se adaptan á lexislación e á normativa vixentes.

  • Estrutura de coordinación

 

 

Símbolo do Comité de ética na investigación (CETIC)

Comité de ética na investigación (CETIC)

A súa misión principal é promover a cultura ética en toda a comunidade universitaria, de acordo cos principios e estándares internacionais de bo goberno, responsabilidade social e cos obxectivos de desenvolvemento sostible, ademais de velar polo cumprimento das boas prácticas en investigación e en experimentación, garantindo a integridade científica e académica. Para un mellor desenvolvemento das súas competencias, o CETIC dispón de tres comités independentes: o CGRB, o CEEA/OH e o CEISHMA.

CETIC

 

Comité de xestión de riscos biolóxicos (CGRB)

Ten como misión identificar, avaliar e previr ou reducir os efectos adversos asociados á investigación con axentes biolóxicos, con fin de garantir o uso correcto das instalacións ante os traballadores, a sociedade, o medio ambiente e as administracións.

CGRB

 

Comité de ética de experimentación animal (CEEA/OH)

Ten como finalidade fomentar en investigadores, docentes e estudantes o uso responsable e ético dos animais de experimentación e garantir o uso ético dos animais ante a sociedade e as administracións.

CEEA/OH

 

Comité de ética para a investigación con seres humanos e medio ambiente (CEISHMA)

É responsable da avaliación dos aspectos éticos da investigación realizada na Universidade de Vigo con fins científicos que implique seres humanos, ou o medio ambiente, así como a obtención e tratamento de datos persoais que poidan afectar a dereitos fundamentais, conforme á lexislación vixente.

CEISHMA

 

Mentoría ética

A mentora ética é a persoa titular da Inspección de Servizos e nela recae a responsabilidade ética da universidade. Participa con voz e voto no CETIC e, como o seu propio nome indica, debe velar pola ética na Universidade de Vigo. Ten, entre as súas funcións, informar dos procedementos referidos a condutas afastadas da ética necesaria e esixible na investigación.

 

Código ético

O obxectivo deste código é ser unha guía de actuación que oriente e apoie os dereitos e as obrigas da comunidade integrante da Universidade de Vigo no exercicio da súa liberdade e responsabilidade.

 

Máis información

 

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
Campus universitario
36310 Vigo

+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal