Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría
O Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría encárgase e responsabilízase de rexistrar todas as operación derivadas de aprobar, executar e liquidar o orzamento da Universidade de Vigo.
Funcións
- Colaborar co equipo de gobeColaborar co equipo de goberno e coa Xerencia na elaboración da planificación plurianual e das liñas básicas de actuación orzamentaria anuais
- Elaborar o anteproxecto de orzamento anual
- Elaborar e xestionar a contabilidade orzamentaria, analítica e financeira
- Realizar o seguimento da execución do orzamento, analizar as desviacións e elaborar propostas de accións correctoras
- Planificar, xestionar e facer seguimento da tesoureira
- Elaborar a proposta de liquidación definitiva e a documentación xustificativa, así como certificados contables e documentación requirida interna e externamente
- Xestionar, subministrar e cumprimentar a información económica ou orzamentaria necesaria para cumprir coas obrigas fiscais, de xustificación, de información ou de auditoría
- Elaborar a proposta de normas de peche do exercicio e da prórroga do orzamento
- Elaborar estudos e informes
- Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas da área económica nas materias da súa competencia
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Organización das funcións
- Sección de Contabilidade
Ocúpase de todo o relativo á contabilidade analítica e financeira.
No referente á contabilidade de custos, é responsable de xestionar todo o proceso de obtención de resultados de custos.
Na contabilidade financeira, ocúpase de darlle soporte á xefatura do servizo para a confección da conta anual da universidade. - Sección de Orzamentos
Ocúpase da contabilización das operacións de execución e da modificación do orzamento.
Ocúpase da documentación necesaria para a xustificación dos gastos con financiamento afectado. - Sección de Tesouraría e Ingresos
Ocúpase da contabilización dos ingresos e do control da tesouraría da universidade.
É a responsable da xestión do ficheiro de terceiros.
É a responsable de cumprir coas obrigas tributarias da universidade.
Recoñecementos
Onde estamos?
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres




