Servizo de Control Interno

O Servizo de Control Interno ten encomendado o control económico e financeiro da Universidade de Vigo, encamiñado sobre todo na faceta dos gastos.

Funcións

  • Controlar a legalidade dos actos económicos e administrativos no ámbito da Universidade de Vigo.
  • Actuar asesorando os órganos directivos sobre o contido da legalidade orzamentaria das actuacións que realizan na súa propia actividade ou cara a terceiros.
  • Verificar a correcta utilización e aplicación dos fondos da universidade aos fins establecidos, polo acordo dos seus órganos directivos e con actuación sobre a normativa legal.
  • Comprobar que os actos, operacións e procedementos da xestión económico-universitaria se desenvolvan de conformidade coa normativa legal.
  • Garantir que os procedementos aplicados son os correctamente legais.
  • Informar dos convenios subscritos pola Universidade de Vigo que teñan contido económico.
  • Informar os expedientes de contratación que realiza a universidade nos seus aspectos económicos, legais e orzamentarios.
  • Conformar a ordenación dos pagamentos.
  • Informar e coordinar sobre procedementos de xestión, tramitación e control de forma permanente aos diversos centros de gastos.
  • Elaborar os informes que lle son requiridos, a través da Xerencia, polos órganos competentes.
  • Participar cos restantes servizos económicos e coa Xerencia na preparación e na coordinación xeral das actividades económicas.
  • Fiscalizar os expedientes de gasto en cumprimento das condicións establecidas na normativa nacional, autonómica e universitaria.
  • Comprobar e fiscalizar os aspectos legais e materiais das devolucións das taxas.
  • Realizar o seguimento e a comprobación dos expedientes de contratación das obras, subministros e servizos.

Responsable

Margarita Cabaleiro Soto
Xefa
 


​​​​Persoal do servizo

Ver

Onde estamos?

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa

Horario de atención

De 9.00 a 14.00 h de luns a venres


 

Correos electrónicos

Teléfonos