Servizo de Prevención de Riscos Laborais
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais realiza as actividades preventivas co fin de garantir a adecuada protección da seguridade e a saúde do persoal traballador, asesorando e asistindo para iso aos órganos de goberno da universidade, ao persoal e aos seus representantes.
Funcións
- O deseño, implantación e aplicación dun Plan de Prevención de Riscos Laborais que permita a integración da prevención na empresa
- A avaliación dos factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde do persoal nos termos previstos no artigo 16 da Lei 31/1.995 de Prevención de Riscos Laborais
- A Planificación da Actividade Preventiva e a determinación das prioridades na adopción das medidas preventivas e vixilancia da súa eficacia
- A detección de necesidades e o asesoramento en materia de información e formación preventivas do persoal
- O asesoramento para o deseño das actuacións, e medidas de prestación dos primeiros auxilios, e elaboración dos plans de emerxencia
- A investigación dos incidentes (incluíndo tanto os accidentes, coma os accidentes en branco)
- Planificación de medidas de control de risco
- Planificación da actividade preventiva
- Avaliación de riscos
- Deseño, aplicación, e coordinación dos plans e programas de actuación preventiva
- Información e formación dos traballadores/as
- Realización de plans de emerxencia
- Deseño das medidas de primeiros auxilios e plans de emerxencia
- A vixilancia da saúde do persoal
- A comunicación e coordinación co Servizo de Prevención alleo
- Todas aquelas funcións determinadas e derivadas do Sistema Xeral de Prevención de Riscos Laborais, que de forma xeral, refírense principalmente ao seguimento e avaliación do seu cumprimento
Máis
O Servizo de Prevención de Riscos ocúpase:
- Da avaliación de riscos laborais dos postos de traballo e dos centros
- Da elaboración de procedementos, guías, normas, fichas de seguridade etc
- Da realización de inspeccións de seguridade
- Da realización de plans de autoprotección
- Da selección de equipos de protección individual
- Do asesoramento en materia de prevención de riscos laborais
- Da dotación e reposición de caixas de urxencia
- Da investigación dos accidentes de traballo
- Da coordinación de actividades empresariais
- Da información en materia de prevención de riscos laborais
- Da organización da vixilancia e control da saúde do persoal traballador
- Da elaboración de informes
- Acondicionamento de espazos
- Condicións ergonómicas e confort ambiental
- Condicións de seguridade
- Condicións hixiénicas
- Aptitude laboral
- Da formación en materia de prevención de riscos laborais, mediante a coordinación dos cursos, xornadas e actividades impartidos por:
- Servizo de Prevención propio
- Servizo de Prevención alleo (Norprevención)
- Mutua FREMAP de accidentes de traballo
- Outras entidades colaboradoras
Responsables
José David Díaz Vázquez
TSPRL Área de Seguridade no Traballo
Carmen Álvarez González
TSPRL Área de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada
Persoal do Servizo
Onde estamos?
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres