Conferencia 'Viño, lingua e tradución'
Data de celebración:
1 de xuño ás 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Grupo Bifega , Estudos Literarios e Culturais e Tradución e InterpretaciónLugar
rúa da ilustración s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución
O salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución acolle a conferencia Viño, lingua e tradución, impartida por Miguel Ibáñez Rodríguez, investigador principal do grupo GIRTraduvino, creado en 1998 co obxecto de mellorar o coñecemento e a normalización das linguas de especialidade e a súa tradución do ámbito vitivinícola e turístico.
Os obxectivos desta conferencia, que se enmarca no Ciclo de Actividades Bifega, son mellorar os coñecementos sobre a tradución e as terminoloxías; vinculadas á elaboración e á comercialización do viño; analizar os problemas terminolóxicos culturais na tradución de documentación sobre enoturismo e propoñer estratexias de harmonización das terminoloxías implicadas no enoturismo.