Congreso da Academia Europea de Dirección y Economía de la Empresa (AEDEM)
Data de celebración:
31 de maio ás 16:00 1 de xuño ás 9:00 2 de xuño ás 10:00Dirixido a
Estudantes , PAS e PDIOrganiza
AEDEMLugar
rúa Policarpo Sanz 24-26
36202 Vigo
España
Tipo de evento
CongresoEntrada:
Entre 90€ e 460€ É necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa sede Afundación de Vigo
Entre o 31 de maio e o 2 de xuño, Vigo será a sede da trixésimo sétima edición do Congreso Científico de Aedem (Academia Europea de Dirección e Economía da Empresa), un foro de intercambio de experiencias docentes e investigadoras no eido da dirección e a xestión de empresas.
O congreso está organizado conxuntamente por Aedem e pola Universidade de Vigo e centrarase na resiliencia e na sostibilidade como claves dunha nova realidade empresarial.
O programa da primeira xornada comeza ás 16.00 horas con sesións paralelas para deixar paso ás 18.00 horas ao acto inaugural e á conferencia de apertura, Una Teoría de Competencias Emergentes, impartida polo profesor José Cabanelas Omil.