Docs del Mes: 'Advocate'
Data de celebración:
22 de febreiro de 2021 ás 19:00Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Vicerreitoría do campus de PontevedraLugar
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
CineEntrada:
de balde Non é necesaria reserva.Na sala de conferencias da Vicerreitoría do campus
O ciclo de cinema documental Docs del Mes, que a Vicerreitoría do campus promove en Pontevedra coa colaboración do Concello, acolle a proxección de a proxección de Advocate un documental de Rachel Leah Jones e Philippe Bellaiche, centrado na traxectoria de Lea Tsemel, unha avogada israelí especializada na defensa de prisioneiros palestinos.
Debido á situación sanitaria, a sala terá un aforo limitado a 15 persoas, abríndose o acceso á sala ás 18.45 horas. A Vicerreitoría ofrece tamén a posibilidade de que 200 persoas poidan visualizar este documental a través de internet nos 15 días seguintes á súa proxección, para o que será preciso remitir un correo electrónico á dirección docspon@uvigo.es.