I Semana de Dirección e Xestión Pública. Conferencia 'O Reino Suevo de Galicia en tempos de Martiño de Dumio'
Data de celebración:
23 de abril ás 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Facultade de Dirección e Xestión PúblicaLugar
Facultade de Comunicación
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
Conferencias e XornadasEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.A cargo do catedrático Anselmo López Carreira
A Facultade de Dirección e Xestión Publica acolle a conferencia O Reino Suevo de Galicia en tempos de Martiño de Dumio, a cargo do catedrático de Historia no ensino secundario Anselmo López Carreira. Aberto ao público, o relatorio poderá seguirse tanto de forma presencial, no salón de graos do edificio que comparten as facultades de Dirección e Xestión Pública e Comunicación, como de xeito virtual, no salón de actos da facultade en Campus Remoto, empregando o contrasinal 6uTYsN3K, no acceso para estudantado.
Esta actividade enmárcase na I Semana de Dirección e Xestión Pública, que celebra este martes o Día do Patrón-DXP 24, dedicado a Martiño de Dumio. O relatorio verase precedido pola presentación dos traballos realizados polo alumnado sobre este persoeiro, ás 11.00 horas, na Ágora da facultade.