Presentación dos resultados do informe 'Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0'
Data de celebración:
20 de outubro de 2022De 9:30 a 13:15
Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Univesidade de Vigo e Consello Económico e Social de GaliciaLugar
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialLiderado polo catedrático Xosé H. Vázquez
Asisten: Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Agustín Hernández, presidente do Consello Económico e Social de Galicia, e Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra
O salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle a presentación de resultados do informe Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0, realizado pola Universidade de Vigo a petición do Consello Económico e Social de Galicia.
O acto arrancará ás 09.30 horas cunha presentación que correrá a cargo do reitor, Manuel Reigosa; o presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, e o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros. A continuación, ás 10.00 horas, terá lugar a presentación dos resultados do informe da man do catedrático da Universidade de Vigo Xosé H. Vázquez, coordinador do equipo de traballo que elaborou o documento.
Tras unha pausa, prevista para as 10.45 horas, levaranse a cabo dous coloquios. No primeiro, Unha dixitalización 4.0, contarase coa intervención de Luis Pérez, director executivo de Gradiant; Iago Rodicio, vicepresidente de Parseq Corp. e Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñeiros Informáticos de Galicia. No segundo, Unha sociedade 5.0, participarán diferentes axentes representados no CES.