Primavera do Decrecemento. Faladoiro '¡Aquí non hai quen viva! Acceso á vivenda e decrecemento'
Data de celebración:
18 de abril ás 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Post-Growth Innovation LabLugar
Travesía da Galera, 6,
36002 Pontevedra
España
Tipo de evento
Charlas e seminariosEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNa cervexaría Nasa
No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.
Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación desta Primavera do Decrecemento continúa nesta xornada co faladoiro ¡Aquí non hai quen viva! Acceso á vivenda e decrecemento, na cervexaría Nasa. Coa participación do antropólogo Juan Rodríguez Medela e do Sindicato de Inquilinas de Vigo-Tui-Baixo Miño e moderado polos investigadores Víctor Sánchez e Alejandro Fortuny, neste coloquio exporase o escenario do acceso á vivenda actual en Pontevedra.