Primavera do Decrecemento. Mesa redonda 'As organizacións ecoloxistas na comunicación dos límites do crecemento'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

13 de xuño ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Post-Growth Innovation Lab

Lugar

Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

No Museo de Pontevedra

No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación desta Primavera do Decrecemento péchase nesta xornada no Museo de Pontevedra coa mesa redonda As organizacións ecoloxistas na comunicación dos límites do crecemento. Moderado polo investigador David Soto, este debate contará coas intervencións de Eva Saldaña, directora executiva de GreenPeace España; Luis González, excoordinador confederal de Ecologistas en Acción; Inés Entenza, do movemento Juventud por el Clima; Olga García, de Rebelión Científica, e Jorge Zhou, de Extinction Rebellion. 

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2024-06-13 19:00:00 2024-06-13 19:00:00 Primavera do Decrecemento. Mesa redonda 'As organizacións ecoloxistas na comunicación dos límites do crecemento' No Museo de Pontevedra Sexto Edificio do Museo de Pontevedra Post-Growth Innovation Lab Europe/Madrid public