Xornada de portas abertas no campus de Pontevedra
Data de celebración:
3 de abril de 2024 ás 10:00Dirixido a
Estudantes e MediosOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
España
Tipo de evento
XornadasEntrada:
De balde É necesaria reserva.Modalidade
PresencialA recepción institucional terá lugar no Pazo da Cultura
Asisten: Natalia Caparrini, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, e Eva María Lantarón, vicerreitora do campus de Pontevedra
O campus de Pontevedra acolle unha Xornada de portas abertas, dirixida a centros educativos de Galicia con alumnado de bacharelato e ciclos superiores de FP que desexen coñecer en primeira persoa a oferta académica e as infraestruturas da Universidade.
Coa participación de preto de 500 estudantes, procedentes de sete centros, a actividade arrincará cunha recepción institucional no auditorio do Pazo da Cultura. Tras esta terán lugar unha serie de visitas ás diferentes facultades e escolas, segundo unha serie de itinerarios por ámbito de interese.