XV Curso de Medios Audiovisuais de Celanova
Data de celebración:
3 de xullo de 2018De 12:15 a 20:00 6 de xullo de 2018
De 13:45 a 14:30
Dirixido a
Estudantes e MediosOrganiza
Vicerreitoría do campus de Ourense e Fundación Carlos CasaresLugar
Rúa do Cercado, 25
32800 Celanova
España
Tipo de evento
CursoEntrada:
Diferentes prezos. É necesaria reserva.Modalidade
PresencialSerá no Auditorio Ilduara de Celanova
A narrativa audiovisual do presente: vieiros, formatos e pantallas. Con este título preséntase a XV edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (Cemac), que este ano se celebra do 3 ao 6 de xullo no marco da programación de cursos de extensión universitaria do campus de Ourense. A cita conta entre os seus pratos fortes coa participación de responsables de Tele 5 e Mediaset, varias actrices e actores de Fariña e a estrea da curtametraxe Luz de Contra, feita por alumnado da Universidade de Vigo.