#UVigo100X100

Campaña de comunicación 2023

UVigo - Comunicación 08/06/2023

As pezas publicitarias da campaña de comunicación 2023 destacan os elementos que constitúen a nosa identidade como universidade: creatividade, internacionalización, deporte, cultura, diversidade, investigación, transparencia, sostibilidade, innovación, transferencia, docencia, galego, dixitalización e excelencia.

Para transmitir un carácter positivo e moi vitalista, contamos un ano máis coa participación da comunidade universitaria: unha estudante, un investigador e un docente. Observamos como as persoas xogan coas caixas rotuladas co logotipo da institución nas cores representativas de cada campus. Cos seus diferentes tamaños, estas simbolizan toda a ilusión e o futuro e agochan os agasallos sorprendentes outorgados pola educación, ademais de representar as etapas posibles na carreira académica, diversas en opción e en responsabilidade.

Na mesma liña de comunicación das anteriores campañas, a formación na universidade está aberta á cidadanía, é continua e factible en calquera momento da vida. Ademais reflicte e representa a matriz do relato no que a personalidade da Universidade de Vigo é a suma das nosas mellores características coma persoas diversas que nos converten en 100 % UVigo.

 

Gráficas para descargar

 

Vídeos

 

 

 

Novas relacionadas

 

Máis información:

Vicerreitoría de Comunicación e Relacións Institucionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 222
viccom@uvigo.gal