Xornada de Orientación Universitaria 2024

30 de xaneiro

UVigo - Comunicación 25/01/2024

Para amosarlle a súa oferta académica ao alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao superior, a Universidade de Vigo organiza a Xornada de Orientación Universitaria.

A cita será o martes 30 de xaneiro, entre as 10.00 e as 13.00 h, no pavillón polideportivo do campus de Vigo e no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución.

Programa

 

Máis información:

Sección de Información a Estudantes
Edificio Redeiras
Praza do Berbés, núm. 11
36202 Vigo
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.gal