NOS TRES CAMPUS

Xornadas de benvida 2023/2024

5, 6 e 7 de setembro de 2023

UVigo - Comunicación 18/07/2023

Os días 5, 6 e 7 de setembro de 2023 son as datas elixidas para darlle a benvida ao novo curso dunha maneira moi especial. No teu campus haberá unha xornada pensada para ti, que comezas unha nova etapa con nós e que xa formas parte da comunidade universitaria.

Queremos que recibas toda a información necesaria para desenvolverte na vida universitaria. Para isto é fundamental que asistas entre as 10.00 e 14.00 horas ao teu campus nas datas indicadas. Poderás informarte con detalle sobre todos os servizos que ofrece a nosa universidade e tamén recibirás a axenda 2023/2024 e algún agasallo máis para comezar o curso da mellor das maneiras. 

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, bebidas e moito máis.

Deseguido podes ver o programa dos tres campus:
 

O 5 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, na Escola de Enxeñaría Forestal (campus A Xunqueira), poderás informarte sobre:

  1. Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
  2. Transporte e aloxamento
  3. Voluntariado e asociacionismo
  4. Bolsas e axudas
  5. Escola aberta de formación permanente + Servizo de Posgrao
  6. Biblioteca
  7. Mobilidade (ORI)
  8. Centro de Linguas
  9. Emprego e emprendemento
  10. Cultura e extensión universitaria
  11. Benestar, saúde e deporte
  12. Atención á diversidade
  13. Unidade de Igualdade
  14. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, bebidas, agasallos e moito máis. 

Información para o estudantado internacional

10.00 h Charla informativa
(Oficina de Relacións Internacionais)

Presentación de Buddy Program
(ESN Vigo)

Presentación dos cursos de idioma
(Centro de Linguas)
Test de nivel de español
Aula 06 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte


Agardámoste!

O 6 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, no pavillón universitario, poderás informarte sobre:

  1. Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
  2. Transporte e aloxamento
  3. Voluntariado e asociacionismo
  4. Bolsas e axudas
  5. Escola aberta de formación permanente + Servizo de Posgrao
  6. Biblioteca
  7. Mobilidade (ORI)
  8. Centro de Linguas
  9. Emprego e emprendemento
  10. Cultura e extensión universitaria
  11. Benestar, saúde e deporte
  12. Atención á diversidade
  13. Unidade de Igualdade
  14. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, bebidas, agasallos e moito máis. 

Información para o estudantado internacional

10.00 h Charla informativa
(Oficina de Relacións Internacionais)
Presentación de Buddy Program
(ESN Vigo)
Presentación dos cursos de idioma
(Centro de Linguas)
Test de nivel de español
Aula Magna da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Agardámoste!

O 7 de setembro, de 10:00 a 14:00 h, no pavillón de deportes do campus de Vigo, poderás informarte sobre:

  1. Información xeral. TIC, dereitos e deberes do alumnado
  2. Transporte e aloxamento
  3. Voluntariado e asociacionismo
  4. Bolsas e axudas
  5. Escola aberta de formación permanente + servizo de Posgrao
  6. Biblioteca
  7. Mobilidade (ORI)
  8. Centro de Linguas
  9. Emprego e emprendemento
  10. Cultura e extensión universitaria
  11. Benestar, saúde e deporte
  12. Atención á diversidade
  13. Unidade de Igualdade
  14. Delegacións e asociacións de estudantes

Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, bebidas, agasallos e moito máis.

Información para o estudantado internacional

10.00 h Charla informativa
(Oficina de Relacións Internacionais)
Presentación de Buddy Program
(ESN Vigo)
Presentación dos cursos de idioma
(Centro de Linguas)
Test de nivel de español
Paraninfo Edificio Ernestina Otero


Agardámoste!

 

Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo!

#UVigo100x100
 

Novas e vídeos relacionados:

 

Máis información:

Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 586 | 986 130 270
estudantes@uvigo.gal | tecnica.captacion@uvigo.gal