Galegos residentes no exterior

Axudas e bolsas para estudos universitarios destinadas a emigrantes galegos ou aos seus descendentes.

Bolsas para a realización de estudos universitarios de 1º, 2º e 3º ciclo e oficiais de posgrao conducentes a obtención do título de máster (pop) en calquera das tres Universidades de Galicia.

Tríptico da Convocatoria de Bolsas 2007-2008

Resolución

Resolución do 7 de agosto de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establecen e regulan os programas de bolsas destinadas a galegos, persoas de orixe galega e aos seus descendentes para a realización de estudos universitarios durante o curso académico 2007-2008.

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia Nº 156, do 13 de agosto de 2007

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia Nº 156, do 13 de agosto de 2007

¿Quén pode solicitalas?

Os galegos/as, as persoas de orixe galego, e os seus descendentes ata segundo grao. (neto de galegos)

Residencia no estranxeiro (se solicitan unha bolsa de nova adxudicación)

Admitidos no curso 2007/08 nunha titulación oficial de 1º, 2º ou 3º ciclo ou nun dos programas oficiais de postgrao autorizados polos Decretos 51/2006, do 23 de marzo, e 13/2007, do 1 de febreiro, impartidos nas Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, ou Vigo.

IMPORTANTE: é imprescindible estar admitido nunha Universidade Galega, para formalizar a solicitude das bolsas.

¿En qué consisten?

Nunha axuda máxima de 6.000 euros, para gastos académicos derivados dos estudos, da estancia e da manutención.

Ademais, no caso de acreditar a residencia no estranxeiro, a bolsa incrementarase cunha axuda para a viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia e Galicia. (Residentes en países europeos, 350 euros / resto de países, 1.000 euros).

¿Cómo se solicitan?

Presentando o modelo de solicitude e o resto de documentación esixida nun rexistro público (representacións diplomáticas e consulares do Estado español) ou ben remitíndoa por correo certificado ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Emigración, rúa Basquiños, nº 2. 15704 de Santiago de Compostela (A Coruña).

É fundamental que, antes de certificala, a solicitude sexa selada e datada polo funcionario de correos (para que conste a súa presentación en prazo).

¿Ata que día poden solicitarse?

Ata o 20 de setembro de 2007. Se fora remitida incompleta, requirirase para que en dez días emende a súa solicitude.

Máis información sobre bolsas para estudos de posgrao na Universidade de Vigo:

http://webs.uvigo.es/victce/index.php?option=com_content&task=view&id=155&Itemid=80

Rectoría | University Campus | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibility | Site map | Legal Advise