Sorteo de almanaques da Área de Normalización Lingüística
Se estudas na UVigo e aínda non tes o almanaque deste ano, convidámoste a participar no sorteo organizado pola da Área de Normalización Lingüística. Queres saber como gañar un?
Como participares?
- Sigue a conta de Facebook e Twitter da Área de Normalización Lingüística.
- Cubre o formulario que atoparás máis abaixo ou nas devanditas redes sociais.
- Só poderá participar o estudantado da Universidade de Vigo ata o mércores 8 de marzo.
- O venres 10 de marzo, publicaremos na web e nas redes sociais o nome das beneficiarias e beneficiarios dos 50 almanaques que o consentiron.
- Se es unha das persoas afortunadas recibirás un correo no enderezo electrónico rexistrado e enviarémosche o teu exemplar por correo postal.
Protección de datos
De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RXPD) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informámosvos de que os datos asociados que nos facilitedes, serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo.
Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para xestionar o sorteo dos almanaques 2023 e conservaranse durante os prazos legais e/ou contractuais aplicables.
A persoa interesada ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou a supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.
Os devanditos dereitos poderedes exercelos mediante unha solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo e presentada ante o rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Edificio Ernestina Otero, As Lagoas, Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra).
Igualmente poderedes dirixir a dita solicitude directamente á delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, As Lagoas s/n, 32004 Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.
Así mesmo, tedes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)
Información adicional: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Resultado do sorteo
Á vista da gran participación da comunidade universitaria a Área de Normalización Lingüística sorteou finalmente 70 almanaques. Velaquí o nome das persoas gañadoras:
- Isabel Martínez Carrera
- Ana
- Marinha Paradelo Veiga
- María Rico Vázquez
- Alicia López Pedreira
- Andrea Fernández Blanco
- Jannette Freire Piquín
- Aldara Cruces Cerviño
- Ana Hermida Ruibal
- Manuela Raposo
- Beatriz Rodríguez Martínez
- Aroa Carballido Nogueira
- Agustín Suárez Martínez
- Carla Vilán Mosquera
- Alejandro Rodríguez Pérez
- Diana Varela Piñero
- Enzo Hernando Cunha
- Rocío Cimarra Puerta
- Xisela Lema Vaz
- Estela Domínguez Romero
- Estela Domínguez Romero
- Claudio Cameselle Fernández
- María Victoria Fernández Pérez
- Raúl Valencia Posada
- Teresa Vigon Castro
- César Pascual Ramos
- Marcos Blanco Lagares
- Deril Rial
- Mirian Campos Campo
- Alba Guzmán Falcón
- Roberto Otero Ledo
- Iria Nieto Casás
- Maria Rocio Torrado Miguens
- Manuel del Rio Galiano
- Tania Borrageiros Torres
- Olenka Camila Cadena Núñez
- Eloy Comesaña Alonso
- Adán Sousa Freitas
- Xana Rodríguez García
- Diego Otero García
- Irene Novo Giménez
- Sara González Pombo
- Ester Álvarez Martínez
- Paola Garcia Bea
- Uxío Silva Álvarez
- Alexandre Souto Santos
- Uxia Fernández Videira
- Fabiola Rodriguez Carrera
- Cristina Caramés Pérez
- Nerea López Domínguez
- Xiana González Pereira
- Fernando de Peroy Rodríguez
- Sara Álvarez Cerviño
- Juan Antonio Lagos Amorin
- Andrés López Pérez
- Sara Martínez Carrera
- Moncho Iglesias Míguez
- Arancha Álvarez Rivera
- Fátima Sendín Fernández
- Manuel Amor Fernandez
- Carmen González Fernández
- Olalla Ferreira
- Carlos Joel Fariña Martínez
- Alberto Pesqueira Recamán
- Paula Sánchez
- Mónica Costas
- José Cruz Vizcaíno
- Lucas Carrera Villar
- Alessandro Bertussi Lorenzo
- Valentin Santos Reyes
Parabéns e moitas grazas a todas as persoas que participaron!
Máis información:
Área de Normalización Lingüística
Edificio Newton
Facultade de Filoloxía e Tradución
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 574
anl@uvigo.gal