Emerxencias

Se xurde algunha emerxencia que afecte a túa integridade, aquí atoparás toda a información para resolvela.

Simulacro emerxencias

As conserxerías dos edificios dos campus da Universidade de Vigo contan con caixas de primeiros auxilios e moitas delas tamén con desfibriladores semiautomáticos para prestar unha primeira axuda de urxencia ante calquera emerxencia que se puidese producir.

Teléfonos:

  • Servizo de seguridade dos campus: 618873387
  • Centro médico (campus As Lagoas, Marcosende-Local anexo á biblioteca central): 986 813 451
  • Bombeiros: 080
  • Ambulancias: 061
  • Centro Coordinador de Emerxencias: 112

Seguro de accidentes:

  • Alumnado

O seguro escolar protexe ao estudantado menor de 28 anos, dende 3º de ESO ata o terceiro ciclo universitario contra accidente escolar, enfermidade ou infortunio familiar, outorgandolles prestacións médicas, farmacéuticas ou económicas segundo o caso. No teu resgardo de matrícula  podes comprobar que vai incluída unha taxa que se corresponde a este seguro. Podes consultar máis información nos seguintes enlaces

A maiores, todo o alumnado da Universidade, incluído o maior de 28 anos, conta tamén co Seguro Cum Laude que pode ser ampliado voluntariamente por parte do alumnado para converterse no Seguro Cum Laude Plus.

  • Persoal da Universidad Universidade de Vigo

A asistencia sanitaria derivada de accidente de traballo na Universidade de Vigo lévase a cabo a través da mutua de accidentes de traballo FREMAP. FREMAP dispón de centros asistenciais propios abertos de luns a venres de 08:00 a 20:00 horas en Pontevedra, Ourense e Vigo:

O persoal que traballa na Universidade de Vigo e teña un accidente de traballo deberá acudir directamente aos devanditos centros, salvo naqueles casos de urxencia vital nos que se acudirá ao centro sanitario ou hospital máis próximo. Posteriormente deberase informar ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais (sprl@uvigo.es).

Non é competencia de FREMAP a asistencia sanitaria derivada de accidente de traballo do persoal funcionario incluído no réxime especial da seguridade social de funcionarios civís do estado- mutualismo administrativo MUFACE / CLASES PASIVAS-. MUFACE facilita a prestación de asistencia sanitaria aos mutualistas a través dos concertos que subscribe co Sistema Sanitario Público e coas Entidades de Seguro de Asistencia Sanitaria.

  • Seguro deportivo CHUBB

Todas as persoas participantes nunha actividade ou evento deportivo organizado directamente pola Universidade contan cun seguro específico de accidentes deportivos para aqueles casos non cubertos polo seguro escolar ou o seguro cum laude. En caso de sinistro chamar ao 91 084 86 35, indicar o código da póliza (ESBSL227835) e o que lle ocorre á persoa asegurada. En función da  doenza, destinaráselle ao centro médico concertado para esa especialidade.

  • Seguro voluntariado Mapfre

Todas as persoas participantes nunha proxecto de voluntariado organizado directamente pola Universidade contan cun seguro específico de accidentes para aqueles casos non cubertos polo seguro escolar ou o seguro cum laude. En caso de sinistro avisar canto antes a Mapfre do incidente chamando ao teléfono 902 136 524 indicando o código de tomador da Universidade de Vigo 055-0680117282).

Os contidos desta páxina xestiónaos