Máster Universitario en Ciberseguridade

Características

Campus: Vigo
Tipo: Posgrao
Créditos ECTS totais: 90
Modalidade: Presencial
Prazas: 20
Número de cursos: 1.5
Código:
V05M175V01

Área de coñecemento

Área de Enxeñaría e Arquitectura

Coordinación do título

Ana Fernández Vilas

    Descrición

    A ciberseguridade comprende como disciplina o conxunto de principios, técnicas e regulacións que impiden o uso malicioso dos datos, as máquinas ou a información, e converteuse por iso nunha das prioridades tecnolóxicas do noso tempo. O Máster Interuniversitario en Ciberseguridade pola Universidade de Vigo e a Universidade de A Coruña é un programa de estudos especializado que ofrece unha formación profesional rigorosa e extensa neste campo, desde os fundamentos ás aplicacións, desde os mecanismos á lexislación, e desde os conceptos aos problemas reais das empresas. O programa formativo consta de 90 ECTS, divididos en tres semestres; un primeiro ano de clases presenciais, a elixir as sedes da Coruña e Vigo, e un último semestre dedicado ás prácticas en empresas e o traballo fin de Master.

    O obxectivo do Máster é formar especialistas na análise de riscos de seguridade en sistemas e instalacións, na identificación de informacións de alto valor e a súa protección, na definición de plans para reducir o risco de ciberataques e para asegurar a ciberdefensa na información e nos procesos de empresas e institucións.

    O Máster está orientado principalmente a titulados/as no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, ademais da profesionais que xa traballen neste campo e busquen especializarse en ciberseguridade. Son así mesmo admisibles candidatos/as con formación STEM (Science, Technology, Engineering, Mathematics) non específica en tecnoloxías da información e comunicacións. Desde o punto de vista dos coñecementos, as habilidades e as aptitudes persoais, o perfil de ingreso recomendado para o Máster Universitario en Ciberseguridad debe consistir en:
    - Sólida formación científica e técnica básica: coñecementos de informática e matemáticas
    - Capacidade de estudo e vontade de traballo
    - Capacidade para a abstracción, o razoamento analítico e o espírito crítico
    - Capacidade de síntese e análise
    - Habilidade para a comunicación oral e escrita
    - Interese amplo polas tecnoloxías da información e as comunicacións
    - Capacidade para a aprendizaxe autónoma, e interese pola actualización de coñecementos
    - Capacidade para traballar en situacións de escaseza de información e baixo presión, tendo capacidade de innovación, creatividade e xeración de novas ideas.
    - Capacidade para traballar de forma colaborativa, integrado en equipos, organizando, planificando, tomando decisións, negociando e resolvendo conflitos, relacionándose, e criticando e facendo autocrítica.

    É altamente recomendable, aínda que non esixible, un nivel de idioma B2 en inglés. A aqueles alumnos admitidos que non posúan ou non poidan acreditar un nivel de inglés equivalente a B2, a Universidade de Vigo ofreceralles formación complementaria no idioma a través do seu Centro de Linguas, que conta coa potestade de expedir as acreditacións necesarias (ACLES), de modo que poidan seguir con aproveitamento as materias do plan de estudos que se impartan parcial ou totalmente en inglés. A formación do Centro de Linguas estará tamén a disposición dos estudantes que desexen realizar o traballo de fin de máster en inglés, aos que si se esixirá unha certificación de nivel B2 neste idioma.