Acceso a mestrados

Para o acceso aos estudos oficiais de mestrado universitario as e os aspirantes deberán reunir algún dos seguintes requisitos:

  • Estar en posesión dun título universitario oficial español (licenciada ou licenciado, arquitecta ou arquitecto, enxeñeira ou enxeñeiro, enxeñeira técnica ou enxeñeiro técnico, arquitecta técnica ou arquitecto técnico, diplomada ou diplomado), ou calquera outra titulación oficial equivalente, ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no país expedidor do título para o acceso ás ensinanzas de Máster.
  • Estar en posesión do título oficial de graduada ou graduado universitario.
  • As e os aspirantes con titulación estranxeira expedida por unha institución de educación superior non pertencente a un estado do Espazo Europeo de Educación Superior poderán acceder aos estudos de posgrao se cumpren algún dos seguintes requisitos:
    • Estar en posesión dun título expedido por un sistema universitario estranxeiro e que estea homologado a un título español que habilite para o acceso aos estudos de posgrao.
    • Posuír un título expedido por un sistema universitario estranxeiro, alleo ao EEES, e sen homologación, coa comprobación previa de que o título expedido polo sistema universitario estranxeiro acredita un nivel de formación equivalente ao correspondente título español de grao e que faculta no país expedidor do título para o acceso aos estudos de posgrao.