Máster Universitario en Ciencia e Tecnoloxías de Información Cuántica

Enxeñaría e Arquitectura
Campus de Vigo

Características

Modalidade
Presencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
8
Código:
V05M198V01

O Mestrado interuniversitario en ciencia e tecnoloxías da información cuántica (MQIST) é unha alianza estratéxica das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo cara á oferta especializada de estudos de posgrao neste campo nas fronteiras da tecnoloxía, cun enfoque científico rigoroso e extensivo que vai desde os principios científicos (física, matemáticas e computación) e culmina nos aspectos de aplicación en contornas e problemas industriais.de claves seguras, e a capacidade de medir cantidades físicas con moita maior precisión. A ciencia e a tecnoloxía da información cuántica están destinadas a ser un dos piares das comunicacións e a computación do futuro.

Acceso e admisión

Os conceptos que se avaliarán contribuirán cun número máximo de puntos segundo a seguinte táboa:

Títulos de grao completados

  • Grao en Física, Enxeñaría de Telecomunicacións e Enxeñaría Informática ou equivalente (6 puntos )
  • Outras licenciaturas en enxeñaría e equivalentes (ata 5 puntos )
  • Outras licenciaturas en ciencias e tecnoloxía: Química, Matemáticas, Nanotecnoloxía e equivalentes… (ata 4 puntos )

Currículum vitae

  • Expediente académico (ata 2 puntos )
  • Outros mestrados cursados en materias relacionadas co mestrado (ata 1 punto )
  • Experiencia profesional ou investigadora no ámbito do mestrado (ata 1 punto )

A comisión académica establecerá as equivalencias entre os estudos cursados noutras universidades e os que poidan ser recoñecidos dentro do plan de estudos. Tamén poderá establecer táboas de equivalencias especificando os créditos que se recoñecen.

A experiencia laboral e profesional acreditada tamén poderá ser recoñecida en forma de créditos, nun número que non exceda o 15 % do total de créditos do título (9 ECTS).

En canto ao recoñecemento de títulos doutras universidades, establécese un máximo de 9 ECTS en función do contido.
 

Obxectivos xerais da titulación

  • Proporcionar formación especializada e avanzada en ciencia e tecnoloxías da información cuántica que permita aos estudantes incorporarse a empresas tecnolóxicas e grupos de investigación competitivos.
  • Proporcionar coñecemento actualizado do estado de desenvolvemento dun campo que evoluciona cada día, así como dos seus principais actores.
  • Proporcionar habilidades e destrezas nun ou máis aspectos específicos das tecnoloxías cuánticas: computación, comunicacións, metroloxía etc.
  • Introducir o alumnado en temas de investigación que lles permitan realizar unha tese doutoral.
     

Plan de estudos

Saídas Profesionáis

  • Científicos/as e enxeñeiros/as de computación cuántica
  • Especialistas en comunicacións, redes e Internet cuánticas
  • Especialistas en metroloxía, sensado e calibración con instrumentos cuánticos
  • Especialistas en algoritmos cuánticos para finanzas, bioloxía, intelixencia artificial e optimización a gran escala
  • Deseño e xestión de sistemas de información clásico-cuánticos
  • Deseño e enxeñaría de ordenadores cuánticos

Científicas/os e enxeñeiras/os en información cuántica
 

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Manuel Fernández Veiga