Exxperimenta en feminino
Data de celebración:
6 de febreiro de 2019De 9:30 a 18:00
Dirixido a
Estudantes , Medios , PAS e PDIOrganiza
Investigadoras de Ciencias e Enxeñaría Informática e Enxeñaría Aeronáutica e do EspazoLugar
Edificio Politécnico, Campus Universitario As Lagoas s/n
32004 Ourense
España
Tipo de evento
Actividade infantil , Feira e TalleresEntrada:
De balde. É necesaria reserva.Modalidade
PresencialSerá en diferente salas do edificio Politécnico
90 investigadoras e alumnas de Ciencias, Enxeñaría Informática e Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e 230 alumnas e alumnos preuniversitarios. Con estas cifras preséntase a II Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas Exxperimenta en feminino, que terá lugar no campus de Ourense o día 6 de febreiro. Cun formato de feira divulgativa, a iniciativa ten como obxectivo fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre rapazas e rapaces facendo fincapé na visibilización das mulleres científicas e tecnólogas.