Primavera do Decrecemento. Faladoiro 'O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo'

  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS

Data de celebración:

30 de maio ás 19:00

Dirixido a

Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Organiza

Post-Growth Innovation Lab

Lugar

Vicerreitoría do campus de Pontevedra

Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra
España

Tipo de evento

Charlas e seminarios

Entrada:

De balde Non é necesaria reserva.

Modalidade

Presencial

Na sala de conferencias da Vicerreitoría do campus

No marco da programación do congreso internacional ESEE-Degrowth 2024, que terá lugar entre o 18 e o 21 de xuño, o grupo de investigación Post-Growth Innovation Lab promove a Primavera do Decrecemento, unha serie de faladoiros e obradoiros, organizados co apoio da UVigo e do Concello de Pontevedra e dirixidos a afondar nalgunhas das temáticas nas que porá o foco esta conferencia internacional.

Con entrada libre ata completar a capacidade da sala, a programación continúa nesta xornada na Vicerreitoría do campus, co faladoiro O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo. Moderado por Begoña de Bernardo, membro da xuntadirectiva da Rede para o Decrecemento Eo-Navia, o coloquio contará coa participación de Pablo Casares, técnico de atmosfera de MeteoGalicia, quen falará dos posibles escenarios climáticos que poderían darse en Galicia, partindo das previsións do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático da ONU.

Máis información

Nova no Duvi

Anótao en:

Add to Calendar 2024-05-30 19:00:00 2024-05-30 19:00:00 Primavera do Decrecemento. Faladoiro 'O cambio climático en Galicia: posibles escenarios climáticos no futuro próximo' Na sala de conferencias da Vicerreitoría do campus Vicerreitoría do campus de Pontevedra Post-Growth Innovation Lab Europe/Madrid public