Vicerreitoría de Investigación

Vicerreitora de Investigación  UVigo María Belén Rubio

María Belén Rubio
Vicerreitora

É catedrática de Estratigrafía do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo.
Profesora na Universidade de Vigo desde o ano 1991, impartiu docencia en grao, máster e doutoramento. Na actualidade é coordinadora do mestrado universitario en Oceanografía e ten dirixido 5 teses de doutoramento e 7 teses de licenciatura ou mestrado.

Como investigadora, con catro sexenios de investigación, pertence ao grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, centrando o seu labor investigador no estudo da sedimentoloxía de ambientes costeiros e mariños profundos, con énfase na contaminación por metais, nos cambios diaxenéticos e na evolución paleoambiental e paleoclimática. 
Publicou máis dun centenar de artigos científicos e participou en máis de 40 proxectos de investigación, en 7 deles como investigadora principal.

No ámbito da xestión, foi secretaria de departamento durante máis de 12 anos, participou en comisións de avaliación de proxectos, de profesorado, de bolsas etc. Ten experiencia en organización de congresos, seminarios e xornadas, tendo participado na organización de 8 congresos internacionais.

 

Vicerreitoría de Investigación e Transferencia
Campus universitario s/n
36210 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@vigo.es

Os contidos desta páxina xestiónaos