Charlas científico-divulgativas
Ofrecémoslles aos centros de secundaria a posibilidade de que o noso profesorado especializado imparta charlas divulgativas sobre temas da súa investigación que sexan atractivos para o alumnado de secundaria e de bacharelato.
Os centros interesados deberán consultar o catálogo de charlas e unha vez elixidas as temáticas preferentes poderán encher o formulario para iniciar a xestión e a organización do faladoiro seleccionado. Lembrámosvos que con motivo da crise sanitaria a modalidade destas charlas será flexible en función das medidas que rexan a docencia en cada momento.
Máis información:
Área de Captación de Alumnado
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal