Por que a UVigo?

A Universidade de Vigo é unha institución innovadora que ofrece unha grande oferta formativa e está presente nos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo con tres campus especializados.
 

Porque é unha universidade nova e dinámica

Cambiamos contigo! Novos graos, másteres e programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias... 

Universidade internacional

Podes realizar intercambios de estudos en universidades dos cinco continentes, visítannos máis de 700 estudantes no marco dos nosos programas de mobilidade internacional. Podes cursar materias que se imparten enteiramente en inglés dentro dos plans de estudo das nosas titulacións. Tamén ofertamos varios titulos cun 80% das materias en inglés.

Universidade para ti

Contarás cunha persoa titora que axudará a orientar a túa carreira universitaria. Disporás tamén dun acceso ao noso Gabinete Psicopedagóxico para apoiar o teu desenvolvemento persoal e social no mundo académico. 

Cultura, deporte e compromiso social

Porque non todo vai ser estudar, queremos proporcionarche toda unha variedade de posibilidades: instalacións deportivas, deporte e saúde, cursos de extensión universitaria, obradoiros culturais, actividades de voluntariado... 

Universidade emprendedora e para o emprego

A través da nosa incubadora de emprendemento, fomentamos a iniciativa entre o noso estudantado a través da posta en valor dos seus coñecementos e das súas ideas, que convertemos en empresas viables. Podes experimentar os teus primeiros contactos co mundo laboral mediante as nosas prácticas en empresas. 

Universidade formadora

Para que poidas adquirir os coñecementos complementarios á túa formación, solicita as nosas bolsas de formación, na Área de Imaxe, na Área das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, nos Sistemas Informáticos, na Oficina de Medio Ambiente ou na Oficina de Relacións Internacionais, entre outras.

E moito máis...

Tes a posibilidade de estudar máis de 12 idiomas diferentes no noso Centro de Linguas. Hai máis de 180 grupos de investigación nos que te podes integrar. E, por suposto, poderás participar nas múltiples actividades culturais programadas ao longo do ano nos tres campus.
 

Máis información

Sección de Información a Estudantes
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 630 | 986 813 755
sie@uvigo.es