Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

Artes e Humanidades
Campus de Ourense

Características

Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS totais
60
Número de cursos
1
Prazas
20
Código
O02M143V03

Trátase dun mestrado de carácter mixto investigador/profesionalizante no que, para a adquisición de competencias, se empregará unha metodoloxía docente semipresencial que inclúe novas formas de intervención: fomento de traballo autónomo supervisado, metodoloxía participativa, estudo de casos prácticos, aprendizaxe baseada na análise de problemas e formulación de solucións, uso de recursos informáticos e en liña, establecemento de enlaces co mundo profesional, fomento do traballo en grupos coordinados etc. Así, tanto os contidos como a metodoloxía docente adáptanse para acadar as competencias específicas e xerais que vai necesitar o futuro alumnado egresado para desenvolver con éxito as tarefas propias do exercicio profesional.

De entre todas as características do mestrado, quizais a conxugación de sinerxías procedentes de múltiples ámbitos profesionais e científicos para crear un novo espazo profesional sexa a característica máis marcada da proposta.
 

Acceso e admisión

Cada criterio ten unha puntuación específica que permitirá unha selección obxectiva do estudantado no caso de que se supere o número de prazas. A puntuación será a seguinte:

  • Titulación académica, con especial atención aos titulados/as das seguintes disciplinas con especializacións relacionadas co patrimonio cultural (35 %):
    • Graduados/as en titulacións relacionadas con historia, historia da arte ou xeografía
    • Arqueólogos/as
    • Arquitectos/as e arquitectos técnicos
    • Licenciados/as en Dereito
    • Enxeñeiros/as superiores e técnicos
    • Licenciados/as en Belas Artes
    • Títulados/as superiores en Conservación e Restauración de Patrimonio Cultural (segundo a Lei orgánica 2/2006) e titulados/as en Conservación-Restauración (segundo a Lei orgánica 1/1990)
    • Xeólogos/as
    • Químicos/as
    • Biólogos/as
  • Expediente académico, con especial atención ás materias cursadas relacionadas coa temática do mestrado (30 %).
  • Currículum vítae, con especial atención aos méritos alegados relacionados coa realización de cursos de especialización e o desenvolvemento de actividades profesionais no ámbito do patrimonio cultural (15 %).
  • Bolsas (estudos de 1.º e 2.º ciclo, estudos predoutorais etc.) (10 %).
  • Outros méritos, como coñecementos de idiomas, premios extraordinarios etc. (10%).

No caso de que non se supere o límite de prazas na fase de preinscrición, todas as solicitudes con currículo cunha relación profesional e académica co programa de mestrado terán dereito a acceder a el en condicións de igualdade e sen discriminación de ningún tipo.
 

Perfil de ingreso recomendado

Persoas tituladas en Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía, Xeografía, Turismo, Humanidades, Arquitectura, Dereito ou Belas Artes con interese pola investigación e o labor profesional no eido da xestión, valoración e protección do patrimonio.
 

Obxectivos xerais da titulación

Proporcionarlle ao alumnado unha base sólida en xestión, así como unha formación tecnolóxica e práctica, asumindo que unha boa preparación como profesional neste campo require a adquisición de habilidades no campo das novas tecnoloxías instrumentais e procedimentais.

Este mestrado enténdese como un período de formación para obter o título de doutor/a, promovendo a investigación no campo da protección do patrimonio.

O alumnado poderá seleccionar e empregar ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, implementación e seguimento de proxectos de avaliación, xestión e/ou difusión do patrimonio cultural. A énfase na interdisciplinariedade e no contido tecnolóxico esixirá que os e as profesionais actualicen os seus coñecementos regularmente, o que se aliña coa necesidade de formar estudantado autónomo capaz de facerse cargo da súa propia aprendizaxe e de atopar, en calquera momento, os recursos axeitados para responder as demandas cambiantes da profesión e da sociedade.

  • Mellorar a coordinación e as habilidades dos grupos.
  • Promover a posta en marcha de actividades docentes interdisciplinares.
  • Completar a formación do alumnado con prácticas en empresas.
  • Sintetizar diversas estratexias para adaptar o ensino ás necesidades educativas especiais.
  • Explorar novas formas de financiamento.
  • Deseñar e ofrecer novos produtos que a sociedade demande.
  • Promocionar a UVigo e situala no escenario nacional e internacional.
  • Promover a relación entre as empresas e a universidade.
     

Plan de estudos

Preinscrición e matrícula

Contacto

Coordinación do título

Susana María Reboreda Morillo