Facultade de Historia
Equipo de goberno
Decano/a
Secretario/a de Facultade
Vicedecano/a
Titulacións
Máster Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
Características
Plan de estudos
Preinscripción y matrícula
Contacto
Coordinación do título
Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade
Características
O Mestrado interuniversitario en arqueoloxía e ciencias da antigüidade ten unha dobre orientación: profesionalizante e investigadora. Na súa primeira vertente, aspira a formar arqueólogos/as que poidan desenvolver o seu labor profesional neste campo nos vindeiros anos; na segunda, permite o paso ao Programa de doutoramento en historia, xeografía e arte da USC ou ben ao de Protección do patrimonio cultural da UVigo. É unha titulación interuniversitaria (USC, UDC e UVigo) que conta coa participación do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.
Este mestrado inclúe dúas especialidades:
- Arqueoloxía
- Historia do mundo clásico
Para obter o título nunha especialidade, o alumnado deberá cursar un mínimo de 18 créditos optativos do correspondente módulo da especialidade elixida. De non cumprir este requisito, poderá titularse no Mestrado en arqueoloxía e ciencias da antigüidade sen especialidade.
Acceso e admisión
Titulacións por orde de preferencia:
- Graduados/as ou licenciados/as en Historia, Xeografía e Historia, e Historia da Arte.
- Resto de titulacións universitarias.
As prazas vacantes en calquera das tres universidades poden ser asignadas polas dúas restantes.
Perfil de ingreso recomendado
En termos xerais, os grupos de interese aos que se destina o título son persoas coa intención de desenvolver estudos sobre arqueoloxía, o mundo clásico ou a prehistoria (en xeral, ou especificamente da Gallaecia), con certas aptitudes lingüísticas tanto para leren textos noutras linguas como para se expresaren na súa propia e un certo coñecemento xeral do proceso histórico. En concreto, o perfil de acceso estará aberto a persoas licenciadas ou graduadas de todos os eidos de coñecemento.
Plan de estudos
- Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou unha oportunidade para a orixinalidade no desenvolvemento ou na aplicación de ideas, a miúdo dentro dun contexto de investigación.
- Saber aplicar os coñecementos adquiridos e as habilidades de resolución de problemas en contornas novas ou descoñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados co campo de estudo.
- Ser capaz de integrar coñecementos e de tratar a complexidade de formular xuízos baseados en información incompleta ou limitada, incluíndo reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Saber comunicar as súas conclusións (e o coñecemento e o razoamento subxacentes) a públicos tanto especializados como non especializados de forma clara e inequívoca.
- Poseer as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun xeito en gran medida autodirixido ou autónomo.
- Colaborar na xestión de coleccións e museos.
- Realizar tarefas de colaboración e asesoramento en plans directores, plans especiais, traballos arqueolóxicos etc.
- Participar activamente na organización de tarefas de xestión cultural.
- Adquirir as habilidades necesarias para dirixir as actividades de campo, prospección e escavación arqueolóxica e o tratamento e estudo de materiais e mostras.
- Colaborar e redactar informes históricos e arqueolóxicos, adaptándose ao tipo de actividade que se leve a cabo.
Saídas Profesionáis
- Arqueoloxía preventiva e de xestión: dirección e execución de intervencións arqueolóxicas (escavacións, prospeccións e sondaxes) derivadas de obras civís ou proxectos urbanísticos
- Administración Pública: traballo en institucións encargadas da protección, catalogación e inventario do patrimonio cultural
- Xestión cultural e museística: conservación, exposición e posta en valor de xacementos e pezas arqueolóxicas en museos ou centros de interpretación
- Divulgación e turismo: deseño de proxectos de difusión da arqueoloxía para o público xeral e turismo cultural
- Tecnoloxías aplicadas: aplicación de técnicas arqueométricas e novas tecnoloxías na análise e documentación de bens arqueolóxicos
- Investigación especializada: realización de teses e proxectos de investigación sobre prehistoria, mundo clásico ou arqueoloxía medieval e moderna




