Grupos de investigación

Os grupos de investigación constitúen a estrutura básica para o desenvolvemento, a organización e a xestión da I+D+i na Universidade

Un grupo de investigación defínese como unha agrupación estable de persoal investigador con plena capacidade para o desenvolvemento da actividade, con obxectivos comúns e infraestruturas e recursos compartidos e suficientes para permitir unha actividade de I+D+i continuada e competitiva.

Os investigadores e investigadoras son libres de adscribirse voluntariamente ao grupo que soliciten, sempre que respecten os compromisos previos adquiridos e o grupo receptor os acepte. En xeral, un grupo de investigación deberá estar integrado como mínimo por 3 persoas participantes con vinculación estatutaria ou contractual á Universidade de Vigo como persoal docente e investigador (PDI). Para unha información máis ampla sobre os grupos de investigación, consulta a normativa que regula a súa creación e modificación.

 

Ir á normativa de grupos

 

Para coñecer todo sobre os nosos grupos de investigación, as súas capacidades e resultados, visita o BIDI, o buscador de I+D+i.

 

Ir ao BIDI

 

Para atopar as diferentes posibilidades de financiar a actividade dun grupo, valora as convocatorias específicas no apartado trámites e convocatorias. Ademáis atoparás información sobre trámites e xestións específicas para grupos.

 

Ir a trámites e convocatorias