Servizo de Xestión da Extensión Universitaria
O Servizo de Xestión da Extensión Universitaria encárgase de xestionar e promocionar entre a súa comunidade determinada formación extracurricular e actividades relacionadas coa cultura, co benestar, coa participación e coa diversidade así como intentar involucrar a esa mesma comunidade en proxectar á sociedade en xeral todo o seu coñecemento.
Funcións
- Compilar, elaborar e difundir a información sobre a Universidade de Vigo relevante para os futuros alumnos
- Coordinar e prestar apoio á xestión do acceso e admisión a estudos de grao
- Programar, organizar e executar campañas informativas e especificas de captación de alumnos
- Organizar, promover e difundir a realización de actividades culturais, de benestar físico e de proxección social
- Organizar e tramitar a oferta de cursos, obradoiros e outros eventos de extensión universitaria, prestando apoio á súa xestión.
- Organizar e supervisar o uso, mantemento e cesión dos espazos de uso cultural e deportivo da universidade
- Organizar e xestionar á orientación académica e psicopedagóxica, con especial atención ao alumnado con necesidades de apoio educativo específicas
- Xestionar os programas para Maiores
- Elaborar, promover e xestionar a realización de actividades de voluntariado e solidariedade
- Xestionar e manter actualizado o rexistro das asociacións universitarias
- Organizar o acceso ás residencias universitarias
- Elaborar estudos e informes. Colaborar e prestar apoio ao sistema de garantía da calidade nos centros
- Establecer criterios e coordinar as actividades das diferentes unidades administrativas nas
- materias da súa competencia
- Actuar con criterios de colaboración e asistencia con outras administracións e entidades relacionadas coa universidade
Recoñecementos
- Carta de servizos Sección de Información, Orientación e Promoción do Estudante (SIOPE)
- Carta de servizos Servizo de Deportes
- Premio UViguala 2013 ao Servizo de Deportes
Onde estamos?
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Mapa
Horario de atención
De 9.00 a 14.00 h de luns a venres